VII Galeusca Historia

Un século de nacións galeuscanas

Despois de dúas décadas parece doado afirmar que o século XXI non trouxo nin a fin da historia nin a fin dos conflitos nacionais. A perda da hexemonía política dos Estados Unidos, o Brexit, a crise migratoria, a guerra en Ucraína, a inflación, a diminución no valor dos salarios e o ascenso da extrema dereita, fan pensar en moitas semellanzas co ano 1923, cando se asina o primeiro pacto de Galeusca, mesmo máis que co ano 2001 en que comezou este século.

Na actualidade, as fronteiras dos Estados europeos semellan máis fráxiles que en décadas anteriores, o que supón unha oportunidade e/ou unha ameaza para os proxectos de construción nacional que teñen convivido (dun xeito máis ou menos conflitivo) no interior dos distintos Estados do continente.

Neste marco paga a pena facer unha lectura histórica do presente, mirar ao pasado para tratar de entender o presente, e máis mirar ao pasado en si mesmo dende as preguntas da historiografía actual. Propoñemos una cronoloxía definida, o século transcorrido desde a creación do pacto de Galeusca até hoxe. Buscamos unha mirada plural, pensada en Europa e no mundo, centrada na historia deste tempo e na historiografía de todos os tempos, mais aberta ás aportacións do resto de ciencias sociais e humanas.

Propomos dúas liñas de traballo, articuladas en tres patamares históricos, co obxectivo de reflexionar sobre o pasado e a historiografía dos territorios e as sociedades de Galeusca: unha centrada nas propostas políticas galeuscanas -por xunto e por separado- ao longo deste século e outra na historia e a memoria do pasado incómodo.

Os tres patamares históricos escollidos, son tres momentos clave, intres de ruptura do marco político do Estado español e, por tanto, das sociedades e a política dos distintos territorios galeuscanos: 1923 (golpe de estado de Primo de Rivera e fin da Restauración), 1936 (golpe de estado, matanzas e guerra no tempo do fascismo) e 1975 (morte do ditador e posterior Transición política), pero hai outros sobre todo atendendo á lóxica internacional.

SESIÓNS: tres bloques temáticos e tres partes posibles en cada un

  • Pluralidade nacional hispana e proposta política galeuscana de onte a hoxe

1923-1936 / 1939-1977 / Democracia

  • Memoria e historia do pasado incómodo: 100 anos e tres eixes:

1923 / 1936 / 1975

  • A dimensión internacional de Galeusca:

1923 / 1933 / 1945 / 1961 /

SANTIAGO DE COMPOSTELA
Facultade de Xeografía e Historia

5 E 6 DE OUTUBRO 2023

Consulta o programa completo


Descarga o programa en pdf

Descarga os resumos das comunicacións aceptadas.


Comunicacións

Para favorecer o debate e o intercambio de ideas neste congreso solicitamos que se enviase un texto previo da comunicación.

Consulta os textos previos das comunicacións facendo premendo aquí


Información de utilidade

Podes consultar un listado de aloxamentos na cidade de Santiago aquí. Se quixeras facer uso das instalacións das residencias universitarias, podes consultalo aquí.


Contacto

info.galeusca.historia@gmail.com


Anteriores edicións


VI Galeusca Historia

Da primaveira das nacións á Guerra Fría (1917-1947)

A la tardor del 2021, la Universitat Rovira i Virgili, en col·laboració amb el Centre de Lectura de Reus, celebrarà la VIa trobada Galeusca-Història: «De la primavera de les nacions a la Guerra Freda (1917-1947)», a Tarragona i Reus

Els organitzadors del congrés entenen que en el context actual cal que l’estudi aprofundeixi en la revisió del període 1917-1947 als territoris Galeusca -Galícia, País Basc i territoris de Parla Catalana-, a Europa i al Món, amb les seves crisis i les seves alternatives. 

En aquest sentit, val la pena centrar el VI Galeusca Història en aquest context històric de 1917-1947, des de mirades plurals sobre la base de la Història, ampliant-les a visions econòmiques, sociològiques, antropològiques i del dret per configurar una panoràmica més àmplia que ajudi a la comprensió global i del dia a dia de la societat en el conjunt dels pobles que configuren Galeusca.

En conseqüència, es proposen uns eixos de treball corals que serviran per aprofundir en la configuració de les societats a estudi en formats de llibertat, d’adequació, d’assimilació o de rebel·lia en un context de vertebració de realitats nacionals.

  1. L’esclat nacional a Galeusca i a Europa: pensament, organitzacions, institucions i experiències.
  2. Sociabilitats i ciutadanies en una societat convulsa: classes, nacions i gèneres.
  3. Matances, persecucions i guerra total: les polítiques de la violència.
  4. De la investigació a la transferència: memòries, patrimonis, museografies i didàctiques.

TARRAGONA-REUS

23-24 SEPTIEMBRE 2021

Descargar programa


V Galeusca Historia

A memoria pública a debate: a memoria pública da guerra civil, do franquismo e da transición (1936-2019)

GERNIKA

17-18 OUTUBRO 2019

Descargar programa


IV Galeusca Historia

Identidades nacionais e nacionalismos no estado español na época contemporánea

PALMA DE MALLORCA

5-7 XULLO 2017

Ver publicación en Dialnet


III Galeusca Historia

Exilios, migracións e fronteiras

A CORUÑA

18-19 SETEMBRO 2015

Descargar programa


II Galeusca Historia

Nacións no estado – nación: a formación cultural e política de nacións na Europa contemporánea

BILBAO – MUSEU D’ HISTÒRIA DE CATALUNYA

3-4 XULLO 2012

Descargar actas


I Galeusca Historia

Entre a construcción nacional e a represión identitaria

BARCELONA – MUSEU D’ HISTÒRIA DE CATALUNYA

10-11 DICIEMBRE 2010

Descargar actas

Blog de WordPress.com.

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar